De Wajdi Mouawad
Para público en xeral
21/04/2017
Xa rematou
20.30 horas
190 minutos (15 min de descanso)
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
26'00, 22'00, 18'00, 12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
A infancia é un coitelo cravado na garganta
Tras permanecer nun silencio hermético durante cinco anos, falece unha nai, interpretada por Nuria Espert, que lles deixa un sobre a cada un dos seus fillos xemelgos. A partir de aí, somos testemuñas da procura das pegadas dunha vida marcada pola guerra e o desamparo, en que a traxedia política e a humana se entrelazan nun estremecedor relato.
Wajdi Mouawad logrou con esta obra "incendiar" o corazón do público de moitos países cunha intensidade que non ten parangón. "Mouawad é un incendiario, pero das fabulosas aves fénix que renacen das súas cinzas. Incendios fala dese renacer, de lumes que ás veces hai que sementar, do terrible camiño que a miúdo fai falta percorrer para chegar a un mesmo."
Mario Gas reúne unha repartición extraordinaria para a estrea no noso país en lingua castelá desta obra clave do século XXI.
Con Nuria Espert, Laia Marull, Carlota Olcina, Álex García, Ramón Barea, Alberto Iglesias, Lucía Barrado, Germán Torres.
Dirección: Mario Gas
Produción de YSARCA coa colaboración de Teatro Invernadero en coprodución con Teatro de la Abadía
Venda de entradas:
Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible