Unha comedia politicamente incorrecta dirixida por Alberto Castrillo-Ferrer
Os días 24/10/2014 ás 20:30 , 25/10/2014 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
De Alistair Beaton
A obra conta as horas previas á intervención do presidente do Goberno ante o Congreso do seu partido, entre acusacións de censura á liberdade de expresión por parte de membros do partido e por protestas cidadás nas portas do hotel onde se realiza o Congreso. A trama toma un xiro inesperado ao descubrirse certo segredo que afecta ao propio presidente.
A obra leva o espectador da risa ao estupor en décimas de segundo e deixa un recordo no público que adoita manifestarse ao saír do teatro: "Como puiden rirme de semellante situación?", é a sensación xeneralizada nestes casos.
A obra podería subtitularse en España como 'Feelgood, sinte o poder'... E é que durante a representación o espectador acariña esa zona descoñecida cos dedos. É algo parecido a mirar por unha fenda que é o que se coce nas cociñas do poder.
Con Jorge Usón, Ainhoa Santamaría, Fran Perea, Manuela Velasco, Javi Coll, Javier Márquez.
Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer.
Compañía: Coprodución de Teatro Español, Producciones [off] e enTRAMAdos Teatro
Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.
Venda telefónica: 902 504 500.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible