Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Ay, Carmela"

De Sanchís Sinisterra

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 31/01/2020 ata o 01/02/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados -20%; familias numerosas: -25%)

Sempre que se pensa en Ay, Carmela, pénsase nun espectáculo de ton político ou reivindicativo, ou simplemente nun espectáculo sobre a guerra civil vista desde os ollos dos perdedores. Lonxe de min e pretencioso sería o dicir que son visións equivocadas. Esa é a grandeza do teatro, que un texto pode ter moitas visións diferentes e seguro que todas achegan algo, enriquéceno. Pero no caso de nosa Carmela non é esa a nosa intención, queremos volver ao que cremos que son as orixes deste texto e que non é máis que a relación de dous pobres seres humanos (neste caso dous cómicos) nun contexto tan brutal como é unha guerra, onde a palabra xustiza vólvese xorda polo ruído das bombas.

Vemos Carmela como a historia de dous sobreviventes que o único que teñen para sobrevivir é necesitarse o un ao outro, e que mesmo estando un dos dous xa morto, esa dependencia faise máis notoria. E se algo reivindica Ay, Carmela cremos que é a idea de que os mortos non deben caer no esquecemento, que os mortos acaban de morrer cando deixamos de lembralos.

En definitiva Ay, Carmela é un canto á supervivencia, á dignidade do ser humano, un suspiro, unha dor encerrada nun "Ai", é unha historia contada desde os ollos de Paulino, un morto en vida que necesita aferrarse á idea de que a aparición de Carmela, unha morta que volve á vida, é real e que o espectáculo debe continuar sexa como sexa.

O noso desexo é poder sumar algo novo que dicir a un texto que de seu é dunha beleza e unha grandeza que o converteu nun clásico da nosa dramaturxia contemporánea.

...Escoitemos pois que teñen que dicirnos Carmela e Paulino...

Con Cristina Medina e Santiago Molero

Dirección: Fernando Soto

De LaMedinaEs e Producciones Come y Calla, SL

*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Web: https://www.eventbrite.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión