En palabras do director da obra: É un espectáculo de humor, tenis e antropoloxía
Os días 12/12/2014 ás 20:30 , 13/12/2014 ás 20:30
Xa rematou
20.30 horas
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).
Sergi López e Jorge Picó son os autores, directores e intérpretes desta obra.
Un explorador, despois de perseguir, observar e localizar os espécimes máis prezados do planeta (o elefante pigmeo da India, o antílope de tres cornos, a pantera das neves do Himalaya, o bisonte branco do Charles Bronson...) encóntrase buscando o que, din as crónicas, é o animal dos animais invisible ata hoxe para o ollo humano. Nos debuxos aparecen trazos dun ser alado, un mamífero do que se descoñece gran cousa; algúns manuscritos antigos refírense a el como "aquel que ten alma"... Tanto tempo pasou buscándoo que a súa vida volveuse unha obsesión; igual que o Capitán Ahab perseguía a Moby Dick o noso heroe persegue, rutineira e metodicamente, unha idea, un Eldorado, un soño... O que non sabe é que o encontro con este animal cambiará a súa vida e xa nada será coma antes... Sobre todo o día en que John McEnroe se cruzou nas súas vidas...
Compañía: Coprodución de SetzeFetges, Associats-Ring de Teatro-Festival e Temporada Alta 2011
Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.
Venda telefónica: 902 504 500.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible