Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cantacontos para bebés, de Pablo Díaz

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas, e na que grandes e miúdas/os axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos.

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

19/10/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/10/2019 ata o 18/10/2019

A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 1 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

11.00 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para as máis pequenas/os. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica e algún dos seus temas máis populares.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 11.00 e ás 12.30 horas. 

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión