Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campo Magnético

Unha acción colectiva xerada por artistas locais das artes do movemento en clave contemporánea.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/08/2015

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Explanada del Parque de la Sardiñeira.

Prezo:

Gratuíto.

Campo Magnético é unha acción excepcional e única, preparada especialmente para o marco das festas de María Pita 2015, na que por primeira vez se reúnen unha ducia de artistas locais independentes, relacionados coas artes do movemento en clave contemporánea, para formar parte dun proceso de creación singular.

Unha experiencia colectiva arriscada e emocionante, un verdadeiro reto onde lle trasladamos unha invitación moi particular ao artista Félix Fernández para que asine unha acción que se constrúe co grupo completo na mesma semana da apertura pública. Unha suma de vontades en favor dunha experiencia simbólica e irrepetible.

Campo Magnético atende tamén á necesidade de xerar unha dinámica de confluencia e visibilización do tecido artístico da cidade dunha forma máis próxima aos procesos de participación e diálogo que estamos a vivir na nosa sociedade nos últimos tempos.

Dirección artística da acción:

Félix Fernández

Artistas participantes:

Rut Balbís, Ánxela Blanco, Blanca Blanco, Alexis Fernández, Carolina Fernández, Félix Fernández, Armando Martén, Kirenia Martínez, Ana Beatriz Pérez, Carlota Pérez, Andrea Quintana e Caterina Varela.

Equipo xerador da idea, apoio á creación, produción e comunicación:

Rut Balbís, Alexis Fernández, Félix Fernández, Andrea Quintana e Caterina Varela.

 

Entidade colaboradora:, XLCARS.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión