Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bless Festival 2019 (Reggae)

Único festival galego dedicado á música xamaicana que nesta edición contará con ska, rocksteady e reggae.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/09/2019

Xa rematou

Horario:

22.00 h (Apertura de portas: 21.30 h)

Enderezo:

Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

18,00 € (venda anticipada ata o 13 de setembro de 2019: 15,00 €)

Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deberán facelo con entrada.

Organiza:

Asociación Cultural Coruñesa Negus

22:00 h Sr. X (Galicia): Nace en 2016 (Ferrol) cunha idea moi clara de propoñer algo distinto ao que adoitamos escoitar polas salas de concerto próximas. Ska, reggae e a fusión de estilos, cun repertorio de temas clásicos e versións, sempre coa intención de facer bailar as persoas presentes. Unha das bandas con gran futuro no panorama ska feito en Galicia.

23:30 h Man de Santo (Galicia): Ska-jazz, rocksteady & reggae. Banda formada en Lugo en 2015. Amantes dos sons tradicionais xamaicanos, tamén se deixan levar polo soul, o jazz e outras músicas que forman parte do seu acervo musical. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, The Specials... son algúns dos referentes que os inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos, con revisións de estándares de jazz ben coñecidos e adaptados para que estes ritmos nos conviden ao baile e ao sorriso cómplice.

01:30 h Bitty McLean (UK): Backed by Freedom Street Band: Unha das voces máis doces do reggae. Cunha impresionante voz fermosa e un emocionante talento poético, é un dos artista de reggae máis querido en UK. McLean ocupou os primeiros postos das listas británicas cunha serie de éxitos a principios dos 90. Nado en 1972, os primeiros recordos de Bitty foron puntuados pola música que escoitaba no sound system do seu pai, onde comezou cantando sobre ritmos xamaicanos: dub e riddims. En 1992, McLean non só coproduciu e deseñou, senón que tamén tocou e cantou no exitoso álbum de UB40 Promises And Lies, que vendeu máis de 8 millóns de copias en todo o mundo. A finais de 1994, McLean conseguira colocar tres sinxelos "It Keeps Rainin", "Here I Stand" e "Dedicated To The One I Love" no top 10 das listas do Reino Unid; estes éxitos tamén foron recoñecidos noutros países e o álbum foi lanzado por Virgin nos Estados Unidos entre os dez primeiros das listas británicas. Nos anos seguintes, Bitty acumularía unha traxectoria cos 30 mellores sinxelos, así como tamén realizando xiras con UB40, Wet Wet Wet e Simply Red. En 2004, lanzou o magnífico "On Bond Street", onde o lendario Tommy McCook e The Supersonics formaron a base do álbum. Bitty complementou estas pistas de 35 anos de diferenza, con tanta elegancia que era difícil crer que non estivese alí cando as pistas se gravaron orixinalmente. Bitty McLean seguiu cunha importante colaboración coa sección de ritmo máis grande do mundo, Sly Dunbar e Robbie Shakespeare. O trío gravou Movin' on, un novo álbum de estudo cos mellores músicos de Xamaica. Cos éxitos "Real Thing", "Lately" e "Tenderness", o álbum saíu en 2009 con grande éxito de crítica, xa que o New York Times aclamou a Movin' on como o mellor álbum de reggae dese ano. En 2018, lanzou o álbum Love restart, producido con Sly & Robbie e masterizado en Abbey Road.

Autorización de acceso para menores de 16 anos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión