Comedia escrita por Roberto Vidal Bolaño que conseguiu os principais Premios María Casares de 1997, entre eles o de mellor espectáculo.
SINOPSE: Charli, ex-policía franquista, dirixe unha axencia de cobro de morosos. Xunto con el, Leti, a súa filla; Chema, o xenro; Tigre, vello amigo, tan fiel como inútil e Sor Anxélica, unha monxa empeñada en salvar almas á forza. Charli e os seus serán capaces de calquera cousa para salvar a axencia, mesmo pactar co diabólico gánster Damián... A compañía Espello Cóncavo é unha compañía histórica no panorama teatral galego. Naceu en 1994 co fin de levar aos escenarios un teatro comprometido coa cultura do país galego, cos seus autores e a súa realidade. As principais montaxes que puxo en escena foron, entre outras: 'Vapores', 'Bailando en verán', 'As troyanas', 'Peter Pan', 'Tres no bambán', 'Castelao sempre', 'Zardigot'...
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible