4º espectáculo de BEBESCENA. A almazuela é un espectáculo que recrea un mundo surrealista, cheo de fantasía, onde nada parece o que é.
Público familiar.
20/10/2013, de 11:00 a 13:30
Xa rematou
11.00 e 12.30 h.
40 minutos
Entradas: 6 € e abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto e 1 menor) 15 €.
Os menores de 3 anos non pagan entrada.
Aforamento reducido: 100 prazas.
Público infantil, de 1 a 3 anos.
Unha almazuela é unha manta, peza de vestir ou tecido en xeral, construído a base de coser anacos máis ou menos rectangulares doutros tecidos para reutilizar estes. Deriva da voz árabe almozala ou almozaia, que quere dicir alfombra ou colcha.
Almazuela (baixo as sabas) é un espectáculo que recrea un mundo surrealista, cheo de fantasía, onde nada parece o que é, que navega entre o real e irreal e que ten no elemento visual o seu punto forte. Un traballo sincero, poético, divertido, tenro, detallista e orixinal. Recortes dun mundo onírico que conflúen na escena conmovendo e sorprenden o espectador espertando a súa curiosidade e imaxinación. Un traballo sincero, poético, divertido, tenro, detallista e orixinal.
Dirección, coreografía e deseño escenografía: Roberto G. Alonso.
Bailaríns-actores, Beatriz Torralvo e Raúl Heras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible