Urdime/Berrobambán
Para público en xeral
18/10/2019
Xa rematou
21:00 h
* Pídese puntualidade, non se permitirá o acceso á sala unha vez comece a función
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 euros (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 7, 00 euros)
* Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada.
A Carreta Pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. Un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.
A Carreta Pantasma fálanos da morte, do medo e da memoria. Vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade. Ás veces atopámonos sen saber onde r, que facer, que pensar, porque esquecimos de máis e xa non nos recoñecemos no espello. A memoria colectiva ofrécenos identidade, e de memoria falan as tres historias que compoñen este espectáculo.
A Carreta Pantasma está baseado no filme sueco do mesmo título estrenado no ano 1921, dirixida por Victor Sjöström a partir dun relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura, sobre unha crenza popular.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible