Concello da Coruña

Concello da Coruña

44ª Feira do Libro

A Feira do Libro, que chega á súa 44ª edición sendo unha das principais de Galicia e do Estado, congregará en Méndez Núñez a máis de 150 escritores do país.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2015 ata o 10/08/2015

Xa rematou

Duración:

10 días

Enderezo:

Xardíns de Méndez Nuñez . Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

Documentos:

Programación completa Feira do Libro 2015 (1 MB)

A Feira levará as letras por 96 actividades, entre coloquios, presentacións e firmas, e acollerá a futuros lectores, os nenos, nunha carpa chea de lecer no que as historias terán patas e bailarán ao son da música e a tradición oral.

A actividade comezará o sábado ás 12.00 h despois dun acto inaugural, no que tocará a Banda Municipal como a primeira das colaboracións do Concello e no que a escritora Mercedes Queixas lerá un pregón, interpretado en linguaxe de signos como o resto das intervencións que terán lugar nos xardíns.

Tratarase tamén de fomentar o hábito de ler e haberá un desconto do 10%, ademais dun sorteo diario dun lote de libros e unha estancia en Caldaria na xornada do sábado.

Ao longo destes dez días visitarán as casetas da Feira do Libro Novo destacados autores do panorama galego e nacional, como César Antonio Molina e Luis Anguita Juega (día 1, 19.00h); Jimena Manzano (día 2, 13.00 h); Fran P.Lorenzo (día 2, 21.15 h); Ledicia Costas (día 3, 20.00 h ); Manuel Rivas (día 4, 20.30 h ); Fernando González, Gonzo (día 9, 19.45 h).

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión