Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Exposición "Orballo do bosque cerúleo" na sala Plataforma14

Cartel da exposición.

A sala Plataforma14 acolle a exposición "Orballo do bosque cerúleo".

A artista Sandra Villar Varela presentará por primeira vez o seu traballo nunha exposición que constará de oito esculturas cerámicas, unha mostra de xoias, e dez ilustracións de carácter animalista.

Nesta mostra, na que a escultura ten un lugar predominante, mestúranse os animais e o entorno do océano e o monte; un bosque oceánico que sofre a desolación causada polo home.

O traballo de Sandra Villar, técnica superior en artes aplicadas á escultura e estudante de cerámica na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, está profundamente ligado á natureza, e de forma especial ao fondo mariño.

A exposición poderase visitar do 25 e xaneiro ao 28 de febreiro na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.

A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?