Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

150 axudas ao alumnado universitario para estadías lingüísticas en Estados da Unión Europea

Linguas de Europa.
  • Inscricións:

    Ata 14 de marzo de 2017

  • Requisitos:

    • Estar matriculado/a no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación desta convocatoria. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
    • O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.
    • O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
    • Queda excluído desta convocatoria:
      a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
      b) O alumnado que durante o curso 2016/17 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED416A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Remuneración:

    Máxima de 900 euros.

  • Páxina web:

    Sede electrónica: procedemento ED416A

  • Contacto:

    Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
    Secretaría Xeral de Universidades 
    San Caetano, s/n 
    15781 Santiago de Compostela
    Teléfono: 981 544 430 
    orientacion.sug@edu.xunta.es

    www.edu.xunta.gal

    Publicación: DOG 27-01-2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos os dous inclusive.

  

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?