Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

18 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • II Residencia FICBUEU

    Cando:

    Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024

    Inscricións:

    Ata o 15/05/2024

    Organizada pola Asociación FICBUEU, a Residencia FICBUEU é un programa formativo para creadoras e creadores audiovisuais no que diferentes profesionais acompañarán e titorizarán proxectos de curtametraxe. O proxecto desenvolverase en outubro na Illa de Ons e estará enfocado a fortalecer propostas dende o guión.

  • Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    300 bolsas para iniciar a estudantes universitarios na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia), a través de estancias nos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación (EI) coas que conta este organismo.

  • Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

  • Bolsas de grao da Fundación "a Caixa"

    Inscricións:

    Ata o 31/05/2024

    ata as 14:00 h.

    A Fundación ”a Caixa” convoca 50 bolsas para cursar estudos de grao ou ensinos artísticas superiores en universidades públicas ou centros públicos de ensino superior no territorio español destinadas a estudantes excelentes con escasos recursos económicos que inicien estudos universitarios por primeira vez no curso 2024-2025.

  • Bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller

    Inscricións:

    Ata o 10/05/2024

    O Ministerio de Igualdade convoca seis bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller para o período 2024-2025.

  • Bolsas comedor curso 2024/2025

    Inscricións:

    Ata o 08/05/2024

    O Concello da Coruña convoca bolsas de comedor para o curso escolar 2024/2025 destinadas ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

  • 6 Bolsas de Arte Fundación Botín

    Inscricións:

    Ata o 03/05/2024

    A Fundación Botín convoca 6 Bolsas de Arte destinadas a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística.

  • 20 bolsas para estudantes de grao e máster oficial da Universidade da Coruña no marco do Programa Campus Rural de Prácticas universitarias na contorna rural

    Inscricións:

    Ata o 25/04/2024

    Convócanse 20 bolsas de tres meses de duración cada unha para estudantes de grao e máster oficial da Universidade da Coruña no marco do Programa Campus Rural de Prácticas universitarias na contorna rural.

  • Programa Campus de profundización científica verán 2024

    Inscricións:

    Ata o 25/04/2024

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca 80 bolsas para participar no programa «Campus de profundización científica para estudantes de educación secundaria obrigatoria» en Soria, durante elmes de xullo de 2024.

  • Bolsas para participar nos cursos de verán organizados pola UIMP

    Inscricións:

    Ata o 26/04/2024

    A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas dirixidas a estudantes e persoas con titulación universitaria para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán en Santander durante o verán de 2024.

resultados 18

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión