Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

79 resultados

  • Aqui tamén se fala

    Cando:

    07/06/2024

    A Praza da Tolerancia acolle a I edición do festival "Aquí tamén se fala", unha iniciativa promovida dende o IES Rafael Dieste que contará con artistas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria.

  • Ilustrando a natureza da Torre de Hércules

    Cando:

    21/04/2024

    O Grupo Naturalista Hábitat organiza unha nova actividade de achegamento á natureza na contorna da Torre de Hércules, da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.

  • Listaxe definitiva de grupos admitidos dos Locais de Ensaio

    A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que comezará o vindeiro luns, 22 de abril.

  • Poeta Niña

    Cando:

    20/04/2024

    Sala Gurugu presenta a Gabriela Gonzalez en "Poeta Niña".

  • Guía Ti Elixes! 2024

    Cando:

    Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025

    Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.

  • Presentación libro "Desde mi punto de vista" de Óscar Caamaño

    Cando:

    20/04/2024

    Este sábado preséntase en Mardi Gras o libro de Óscar Caamaño con fotografías realizadas en múltiples salas galegas, moitas delas en Mardi Gras, con artistas moi diversos, ademais dalgún festival con imaxes de Iggy Pop.

  • Amoeba Split ft. Richard Sinclair (Caravan)

    Cando:

    26/04/2024

    Concerto no Ágora de Amoeba Split, unha banda coruñesa de jazz rock con máis de 20 anos de traxectoria. Considéraselles na actualidade como un dos máximos expoñentes mundiais do "Son Canterbury".

  • Campus de Verán XuvenCiencia da USC

    Cando:

    Dende o 30/06/2024 ata o 06/07/2024

    O programa de convivencia e divulgación científica promovido polo grupo XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC ofrece na súa 12ª edición 95 prazas en réxime de aloxamento e pensión completa para alumnado de 4º curso de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP. O alumnado poderá iniciarse na investigación, tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde, como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.

  • A Educación Ambiental no Brasil: territorios de cooperación e incidencia nos acordos internacionais

    Cando:

    24/04/2024

    O CEIDA organiza a conferencia do profesor e ambientalista Marcos Sorrentino que terá lugar no nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.

  • Semana Europea da Mocidade 2024

    Cando:

    Dende o 12/04/2024 ata o 19/04/2024

    A Semana Europea da Mocidade (SEJ/EYW) é unha campaña bienal da Comisión Europea cuxo obxectivo é promover a cidadanía activa entre os mozos, dar a coñecer as oportunidades que a UE lles ofrece como os programas Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidariedade, e escoitar as súas opinións sobre os temas que lles interesan.

resultados 79

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión