29 resultados
31/05/2024
Ata o 26/05/2024
As Casas da Mocidade de Oleiros e o alumnado do IES Urbano Lugrís organizan, en Portaberta, un obradoiro de mantemento de PC's.
Dende o 31/05/2024 ata o 30/06/2024
Esta acción formativa, organizada por Fad Mocidade, permite o acceso a diferentes materiais e contidos que posibilitarán unha maior comprensión das desigualdades de xénero e promocionar accións educativas e intervencións que promovan a equidade de xénero entre a poboación de menores e novas. Modalidade oline.
Dende o 25/06/2024 ata o 13/09/2024
Dende o 20/05/2024 ata o 31/05/2024
ESFORZA é un programa de Actividade Física Adaptada que levan a cabo a Fundación María José Jove coa colaboración da Fundación Nemesio Dez. De carácter inclusivo, diríxese a persoas con e sen discapacidade que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables: ver e piragüismo inclusivos e axuda na praia.
Dende o 21/05/2024 ata o 27/05/2024
A Escola Municipal de Música abre o prazo de inscrición para o curso 2024-2025. A preinscrición é obrigatoria para todo o alumnado de novo ingreso e un requisito imprescindible para formalizar posteriormente a matrícula. A lista de prazas vacantes para a preinscrición poderá consultarse o 21 de maio de 2024.
Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora e no Monumento Natural Costa de Dexo, un obradoiro que pretende que as persoas participantes adquiran as ferramentas básicas necesarias para un achegamento literario creativo á natureza.
Dende o 08/05/2024 ata o 28/05/2024
O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante este mes de maio.
22/05/2024
Dende o 10/05/2024
A Biblioteca Pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro de teatro con diferentes propostas prácticas, derivadas das técnicas de comunicación e actorais dirixidas a mellorar a súa capacidade para a oratoria e de proxectarse cara os demais.
25/05/2024
Ata o 22/05/2024
O Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña organiza un curso para obter os coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos
Dende o 10/06/2024 ata o 11/07/2024
Ata o 03/06/2024
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza un curso de Lingua de Signos Española en liña de nivel A1.1.
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
resultados 29
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible