Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

12 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • 2 bolsas de formación práctica na EGAP

    Inscricións:

    Ata o 21/06/2024

    A Escola Galega de Administración Publica (EGAP) convoca dúas bolsas de formación práctica: unha para a xestión de procesos de avaliación e calidade, e outrra en estudos relacionados co dereito administrativo.

  • Programa de Bolsas Máster CNIC - ACCIONA

    Inscricións:

    Ata o 07/06/2024

    O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares, en colaboración con ACCIONA, ofrece 9 bolsas para que estudantes poidan cursar un máster oficial en biomedicina nunha universidade pública española, completando as prácticas do TFM nun laboratorio do CNIC.

  • Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, curso 2024-2025

    Inscricións:

    Ata o 21/06/2024

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas a alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

  • 108 bolsas do Programa Retorna Talento FP

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2024

    ampliado prazo.

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia.

  • Bolsas de grao Jesús Serra 2024

    Inscricións:

    Ata o 10/06/2024

    ata as 14:00 h.

    A Fundación Occident (anteriormente Fundación Jesús Serra) lanza a súa convocatoria de Bolsas Jesús Serra 2024 para estudantes de grao de primeira xeración e mozas STEM, destinadas a estudantes que sexan os primeiros da súa familia en ir á universidade ou as primeiras en cursar estudos STEM.

  • Bolsas e axudas para o curso 2024-2025 da Fundación Ábaco

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2024

    A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para alumnos que durante o curso académico 2024/2025 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional.

  • 10 bolsas María Teo de formación no Instituto das Mulleres

    Inscricións:

    Ata o 22/05/2024

    O Ministerio de Igualdade convoca bolsas no Instituto das Mulleres para contribuír á formación en materias dirixidas a fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; a participación das mulleres na vida política, social, cultural e económica; e a eliminación de toda clase de discriminación por razón de sexo.

  • Bolsas para a formación especializada en materia de seguridade nuclear e protección radiolóxica

    Inscricións:

    Ata o 12/06/2024

    6 bolsas para a formación especializada en materia de seguridade nuclear e protección radiolóxica no Consello de Seguridade Nuclear.

  • Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

    Inscricións:

    Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.

  • Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

resultados 12

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión