Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2015

'De que estamos a falar cando dicimos que a economía medra?'

'De que estamos a falar cando dicimos que a economía medra?' por Carlos Rodríguez Braun.

O próximo 22 de abril ás 20.00 h, o Concello da Coruña a través da Área de Emprego e de Empresa, organiza e convida á conferencia: 'De que estamos a falar cando dicimos que a economía medra?' que impartirá Carlos Rodríguez Braun. O evento terá lugar no auditorio do Centro Socio Cultural Afundación da Coruña.

Carlos Rodríguez Braun [Bos Aires, 1948] é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid e catedrático de Historia do Pensamento Económico na mesma universidade.

Publicou artigos académicos en revistas como History of Political Economy, The European Journal of the History of Economic Thought, The Journal of Economic Education, The American Journalof Economics and Sociology, Journal des Économistes et des Études Humaines, Storia del Pensiero Economico, Revista de Historia Económica, e outras.

É autor de varios; os máis recentes: Diez ensayos liberales [LID, 2008], Una crisis y cinco errores [con J.R. Rallo, LID, 2009], Economía de los no economistas [LID, 2011], El liberalismo no es pecado: la economía en cinco lecciones [con J.R.Rallo, Deusto, 2011], e Economía para andar por casa [con O. Macías, I. Rodríguez Burgos e P. González Vicente, LID, 2012]. Ademais, é académico en varias universidades e en consellos asesores de publicacións científicas en España e noutros países.

Tamén exerceu a actividade xornalista e de divulgación da economía, entre outros medios, en España Económica [director], Cambio 16 [subdirector] e no programa El valor del dinero en RTVE e publicou numerosos artigos en prensa de España, Europa e América.

Na actualidade é columnista de La Razón, Expansión, Actualidad Económica e Libertad Digital e comentarista en Onda Cero Radio e Antena 3 TV.

A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas. Para obter a entrada é necesario rexistrarse e obtela a través do servizo Ticketea.

Para acceder ao auditorio débese presentar o tícket impreso ou mostralo na pantalla do teu dispositivo móbil.

Enderezo:

Rúa Cantón Grande 8. 15003 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión