Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2014

Yolanda Gutiérrez e Andrés Díaz imparten cátedra de cara a Coruña21

Os atletas realizaron unha Masterclass esta mañá na Praza da Cubela ante arredor de medio cento de participantes, que puideron aprender de primeira man os trucos de adestramento de ambos os corredores e mellorar a súa técnica de carreira.

Arredor de medio cento de corredores populares puideron gozar esta mañá cunha Masterclass impartida polos atletas Yolanda Gutiérrez (campioa nas edicións de 2010 e 2011 e segunda o ano pasado en Coruña 21) e Andrés Díaz, recordman europeo de 1.500 metros. Os atletas dirixiron unha sesión de adestramento de case dúas horas na que, ademais, resolveron todas as dúbidas dos populares.

Tras a presentación dos atletas e do evento deportivo, realizada polo xornalista Gabi Barrós, a sesión comezou cuns minutos de trote polas inmediacións da Praza da Cubela. A continuación, realizouse un traballo específico de estiramentos dirixidos por ambos os atletas e onde se ía explicando a mecánica de cada un e a súa importancia de cara a preparar o corpo para a práctica deportiva.

A seguinte parte do adestramento consistiu en explicar diferentes xestos técnicos da técnica de carreira, fundamentais para mellorar a eficiencia deportiva e, sobre todo, previr lesións. Cada un deles foi executado tanto por Yolanda como por Andrés Díaz e a continuación eran os propios corredores os que os imitaban, tutorizados en todo momento por ambos os atletas.

Por último, estableceuse unha roda de preguntas nas que os populares puideron resolver as súas dúbidas tanto de alimentación como de adestramentos ou uso de complementos na carreira, como medias comprensoras. Ao concluír o adestramento, Yolanda Gutiérrez e Andrés recibiron un obsequio da man de El Corte Inglés e os corredores populares unha camiseta conmemorativa.

Ao final da sesión, ambos os atletas mostráronse satisfeitos coa experiencia, no caso de Yolanda, ademais, estreábase neste tipo de eventos: “Era a primeira vez que realizaba un adestramento deste tipo. Ademais, eu son de Maratón e de Medio e Andrés de 1.500 entón a parte da técnica si que é algo que para min é un pouco máis descoñecido e gustoume poder realizar esta sesión e vino útil ata para min”, indicou. Así mesmo, valorou moi positivamente este tipo de iniciativas: “Están moi ben. Eu cando empecei ías moi a cegas e agradécese ter unha oportunidade así. Eu non estou nun centro de alto rendemento, son popular e aínda que siga as pautas dun adestrador, non é o mesmo que compartir o mesmo que se estivese con outros atletas”. Pola súa banda Andrés Díaz, que xa realizara un adestramento similar o ano pasado en Coruña 42, considera que é unha experiencia moi enriquecedora: “Gústanme moito este tipo de iniciativas, porque a xente vén moi motivada. Teñen dúbidas, pero logo saen contentos e espero que se poidan repetir sesións de adestramento ou charlas deste tipo”. Ademais, destacou a importancia do asesoramento: “O crecemento do running foi tan grande que non se puido regular. É un deporte moi libre e gratificante, pero non se pode centralizar cun adestrador. Con estas iniciativas intentan paliar as dúbidas que poidan ter para que non cometan erros”. Para emendar esa carencia de asesoramento nacerá proximamente o Club do Corredor, que abandera o propio atleta: “Preténdese que sexa un club de atletismo federado pero a nivel popular. Faranse test para avaliar a cada corredor e que teña o seu adestramento individualizado e asesorarase durante o adestramento de forma presencial e a través de internet”.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión