Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de outubro de 2013

Servizos para os corredores do Circuíto na proba de Novo Mesoiro

Unha vez realizada a inscrición para a segunda proba do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, que terá lugar o vindeiro domingo a partir das 10.00 h en Novo Mesoiro, os atletas participantes dispoñerán dunha serie de servizos complementarios para tratar de facer o máis agradable e completa posible a experiencia de participar na competición.

Ao longo da maior parte da xornada do sábado todos os inscritos poderán recoller o seu correspondente dorsal no Polideportivo de Novo Mesoiro. O servizo estará dispoñible de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas. O domingo 3, ata unha hora antes do inicio das probas, tamén se poderán retirar no mesmo lugar.

Unha vez completado o percorrido todos os deportistas recibirán avituallamento, tanto líquido como sólido, para mellorar a recuperación tras o esforzo. Ademais, dende ese momento, terán á súa disposición as duchas do Polideportivo de Novo Mesoiro, ao que poderán acceder mostrando o seu dorsal ou o seu DNI.

Ás 12.40 do mediodía está prevista a entrega de premios aos gañadores da xornada que se levará a cabo na zona fronte ao Polideportivo. No caso de que a choiva ameace con interromper o seu normal desenvolvemento, a entrega trasladarase ao Polideportivo.

Os corredores poderán dispoñer de servizo de roupeiro na primeira planta do Polideportivo en horario de 8.30 a 10.45 h.

Ao chegar a casa, a través do ordenador ou de calquera dispositivo móbil, poderán consultar os tempos oficiais, tanto absolutos como netos, na páxina web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.es. Ademais o Código QR do seu dorsal permitiralle acceder aos seus resultados e ao vídeo da súa chegada.

Máis aló da xornada de competición, todos os participantes poden facer uso cando o desexen de diferentes sistemas de comunicación coa organización. A través deles poden formular calquera cuestión que xurda relativa ao circuíto ou a carreira. Para complementar a ampla información xa dispoñible nesta páxina web www.coruna.es/carreraspopulares  continúa activa a conta de Twitter @CorunaCorre a través da que se pode realizar calquera tipo de consulta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión