Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2015

Posta de longo de Coruña42 este xoves nos Mallos

A cuarta edición do Maratón Atlántica, que se disputará exactamente dentro dun mes, presentará este xoves día 19 ás 20.00 horas o seu novo trazado, nun acto que contará co actual campión de España, Pedro Nimo, e co aspirante á vitoria Lolo Penas, como mestres de cerimonias, e que se realizará no auditorio do Centro Cívico dos Mallos.

#Coruña42 desvelará este xoves día 19 un dos seus segredos mellor gardados: o seu percorrido. O Maratón Atlántica, que o próximo 19 de abril realizará a súa cuarta edición, presentará o seu trazado nun acto que terá lugar no auditorio do Centro Cívico dos Mallos ás 20.00 horas. O circuíto será presentado polo campión de España, Pedro Nimo, xunto a outro galego ilustre, Lolo Penas, que espera poñer a súa primeira marca en maratón en Coruña42.

Ao acto poderán asistir tanto patrocinadores como institucións colaboradoras co maratón, así como todas as persoas corredoras que o desexen. A capacidade será limitada e facilitaranse 275 invitacións que se poderán conseguir de forma gratuíta, do mesmo xeito que noutras ocasións, na web de Ticketea. Para iso accederase a través deste enlace

Ademais da presentación do percorrido, que será explicado e detallado por Pedro Nimo, farase público o vídeo oficial de #Coruña42 e daranse a coñecer as actividades paralelas que se desenvolverán. Así mesmo, falarase sobre o programa de AnimaciónCoruña42, formado por unha gran variedade de grupos musicais e masterclass deportivas que amenizarán no día da carreira a corredores e público.

Os días previos, 17 e 18 de abril, volverá abrirse ao público a Exporunning, unha feira do corredor que volverá ter a súa sede en Palexco e onde, ademais de recoller os seus dorsais e bolsa do corredor, as persoas participantes poderán descubrir as principais novidades sobre o running, material deportivo ou nutrición. Ademais, volverá realizarse un ciclo de conferencias sobre diferentes temas de interese relacionados co deporte, a psicoloxía ou a fisioterapia. Grazas á colaboración de Cambalache, os corredores poderán gozar da Pasta Party, con grande éxito de participación na pasada edición. No propio Palexco ofrecerase un buffet de pastas servidas nun marco incomparable coa baía coruñesa de fondo.

O sábado previo á proba haberá un Breakfast Run solidario e a continuación disputaranse as carreiras de menores. Sobre todas estas accións informaremos proximamente de forma máis pormenorizada sobre os prazos para inscribirse e a forma de gozar de todas estas actividades.

#Coruña42 ensinaralles o seu camiño aos seus corredores, que coñecerán así o trazado que os agarda o próximo 19 de abril. Porque correr é de valentes. Vémonos no Maratón Atlántica?

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión