Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de abril de 2014

Coruña42, ao servizo do corredor

Do mesmo xeito ca en pasadas edicións, a organización do terceiro Maratón Atlántica quérelles ofrecer aos atletas os mellores servizos para que a súa participación en Coruña42 sexa o máis cómoda posible, e poidan centrarse en acadar os seus obxectivos durante a carreira.

Coruña42 volve ofrecer nesta terceira edición unha serie de servizos tanto para os atletas de Coruña42 como para os da 10k paralela. Esta serie de facilidades pretende comezar na ExpoRunning, onde os corredores recollerán o seu dorsal e tamén o seu chip en caso de non ser propietarios. No mesmo espazo poderán comprobar o funcionamento do devandito chip no escáner que Championchipnorte colocará para iso. A continuación poderán recoller a súa bolsa do corredor, realizada en tecido ecolóxico para tratar de acadar obxectivos de sostenibilidade. A dita bolsa conterá diferentes obsequios entre os que destaca a camiseta oficial, con dous modelos diferentes, un para os inscritos ao Maratón Atlántica e outro para as persoas participantes nos 10 quilómetros. Palexco abriralles as portas aos corredores o venres dende as 17.00 ata as 22.00 horas e o sábado de 10.00 a 22.00 horas. Ademais de contar con expositores relacionados co mundo do running, poderemos gozar o venres, na inauguración coa presenza de Martín Fiz na proxección gratuíta do documental “Fiz, puro maratón” e o sábado cun completo ciclo de conferencias.

Co mesmo escenario de Palexco, o sábado realizarase a Pasta Party, na que tanto corredores de Coruña42 como de 10k e os seus acompañantes poderán gozar por un prezo simbólico dun completo e variado menú buffet nunha contorna única mirando ao mar.

Do mesmo xeito có ano pasado, os dorsais levarán un código QR que lles permitirá aos corredores finisher ver os seus tempos de carreira de forma inmediata e personalizada. Para iso unicamente deberán estar dados de alta en Championchipnorte, cronometrador da proba. Ademais, todos os atletas que finalicen a proba terán na web do cronometrador o vídeo da súa chegada á meta.

Con respecto ao día da carreira, dende a organización recoméndase o uso do transporte público. A organización habilitou tamén un bus a dispoñibilidade dos corredores, que realizará un circuíto arredor das zonas menos céntricas, favorecendo deste xeito o plan de mobilidade e compromiso cun evento sostible.

As paradas e o horario serán os seguintes:

  • 7.40 h. Saída de Área C. Marineda (Marineda City).
  • 7.50 h. Parada en Pol. Industrial A Grela Gambrinus 14.
  • 8.00 h. Parada en Glorieta Acceso Pocomaco (Matogrande).
  • 8.05 h. Parada en Avda. Alfonso Molina (EEAA).
  • 8.10 h. Parada en r/ Ramón e Cajal (El Corte Inglés).
  • 8.20 h. Parada en r/Juan Sebastián Elcano 13 (Adormideras).
  • 8.30 h. Chegada a Porta Real

Así mesmo, os corredores que desexen estacionar o domingo nos aparcadoiros de Palexco, Cantóns e Maestranza, próximos á zona de saída, terán un desconto do 25% mostrando o seu dorsal na caixa central, grazas ao acordo alcanzado en virtude da realización da carreira.

Tarifas:


tarifa actual tarifa ao 25% IVE 21% TOTAL

Sen IVE de desconto sen IVE 21% Tarifa ao 25%
PALEXCO 0,023 0,0173 0,0036 0,0209
MAESTRANZA 0,0203 0,0152 0,0032 0,0184
CANTÓNS 0,0222 0,0167 0,0035 0,0202

O servizo de gardarroupa co que contasen os corredores estará nos soportais do Concello da Coruña, na praza de María Pita. Para iso dispoñerán dun adhesivo co seu número de dorsal para facilitar a entrega das súas pertenzas no gardarroupa. O horario será de 08.00 a 15.30 horas.

Para facilitar as aglomeracións e favorecer o bo desenvolvemento da carreira estableceranse os seguintes caixóns de saída:

Maratón

caixóns
distancia homes
mulleres
1

21 Km.

42 Km.

< 1 h:20m.

< 2 h:45m.

< 1 h:35m.

< 3 h:20m.

2

21 Km.

42 Km.

1h:20m - 1h:25m

2h:45m - 3h:00m

1h:35m - 1h:40m

3h:20m - 3h:40m

3

21 Km.

42 Km.

1h:25m - 1h:30

3h:00m - 3h:20

1h:40 - 1h:45m

3h:40 - 4h:00m

4

21 Km.

42 Km.

1h:30m - 1h:35

3h:20m - 3h:40

1h:45m - 1h:50m

4h:00m - 4h:20m

5

21 Km.

42 Km.

Marcas superiores.

Sen marca

Marcas superiores.

Sen marca

10K

caixóns homes mulleres
1 < 35 m. < 40 m.
2 35 - 40 m. 40 - 45 m.
3 40 - 45 m. / Sen marca 45 - 50 m. / Sen marca
4 > 45m. - Sen marca > 50m. - Sen marca

A carreira terá sinalizados todos os puntos quilométricos e haberá seis lebres (2h45, 3h, 3h15, 3h, 3h45 e 4h) que irán identificadas cun globo e camiseta distintiva de Powerade.

En relación ao avituallamento, os postos estarán instalados a partir de quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros (3 postos de cada volta). No avituallamento líquido do maratón contaremos con auga e Powerade como isotónica, mentres que o sólido consistirá en plátanos e laranxas. Os puntos exactos de paso son:

avituallamento

posto 1

Primo de Rivera

posto 2

P. marítimo / Millennium

posto 3

Paseo marítimo / antigo cárcere

Primeiro paso

Km. 1,225

Non operativo

Km. 5,350

Só auga

(Válido tamén 10K)

Km. 10,220

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

Segundo paso

Km. 15,295

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

Km. 19,420

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

Km. 24,290

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

Terceiro paso

Km- 29,365

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

Km. 33,490

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

Km. 38,360

Auga - Powerade

Plátanos - laranxas

É posible dispoñer de avituallamento persoal, que pode ser recollido o sábado na entrega de dorsais, debidamente identificado co punto km no que se desexa atopar. Se a persoa participante quere que o seu avituallamento persoal se lle entregue na man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización e deberá dirixirse á Exporunning nos horarios antes mencionados para poder formalizar o devandito permiso. Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira do infractor.

Así mesmo, lémbraselles aos corredores que ao longo do circuíto haberá colectores para a recollida de residuos e que estes serán de uso obrigatorio por parte de todos os atletas, favorecendo así a sostenibilidade do evento. O non uso deles poderá implicar a descualificación da proba.

Ademais dos arcos de hidratación, situados durante a carreira como alternativa a posibles altas temperaturas, unha vez finalizado o maratón os runners terán a opción de ducharse no Cuartel de Atocha, accedendo ao recinto mostrando o seu DNI e dorsal. Dispoñerase de baños portátiles na zona de saída e meta, así como en todos os puntos de avituallamento.

Durante todo o percorrido, ademais, un total de catorce grupos tanto musicais como deportivos que forman parte do Programa de Animación Coruña42, amenizarán a carreira.

Ademais, a carreira será retransmitida en directo a través de Twitter, a través da conta oficial da proba @Coruna42, para poder seguir en tempo real o que ocorre en ambas as probas, Maratón Atlántica e 10k.

Contaremos cun servizo de fisioterapia e podoloxía, que ofrecerán os seus servizos a través dos seus respectivos colexios profesionais en carpas habilitadas na zona de meta e ao que poderán acceder todos os corredores que o desexen.

Como novidade en canto ás medallas de finisher, nesta edición todas as persoas participantes que o desexen poderán gravar as súas preseas co seu nome e a súa marca, de forma totalmente gratuíta. Mentres, os diplomas poñeranse descargar a través da web oficial http://www.coruna.es/carreraspopulares.

A entrega de premios terá lugar na Praza de María Pita. No caso da proba de 10 km o acto realizarase ás 12 horas, mentres que para Coruña42 entregaranse ás 14.30 horas.

O empeño de Coruña42 é ofrecerlle ao corredor un servizo excelente e as maiores comodidades aos seus case 3000 participantes nesta terceira edición.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión