Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de novembro de 2014

A primeira carreira pola integración achégase. O proxecto Enki é unha realidade.

O vindeiro domingo día 30 realízase a primeira Carreira pola Integración, dentro dos actos do proxecto ENKI, o cal nace dunha iniciativa da Fundación Abrente; que coa axuda do Concello da Coruña e da Fundación María José Jove, acollerá unha serie de eventos deportivos e sociais no ámbito da celebración do "Día Internacional da Discapacidade" o 3 de decembro.

A primeira carreira de obstáculos pola integración achégase á súa data clave. O próximo 30 de novembro, a partir das 11.00 horas en Riazor, daranse cita nenos, maiores, familias, deportistas e non deportistas, homes, mulleres, persoas con mobilidade reducida, atletas…etc. Calquera persoa que queira gozar e participar nunha carreira lúdica.

O percorrido desta carreira non competitiva é un trazado de obstáculos cunha lonxitude aproximada de 2 Km., que transcorrerá polo paseo e areal da praia de Riazor. A saída e chegada serán no mesmo punto, o aparcadoiro da explanada de Riazor.

Cales son os obstáculos que podes atopar?

  • Montaña de pneumáticos.
  • Labirinto de cordas.
  • Bólas xigantes.
  • Guerra de fariña.
  • Corpo a terra.
  • Piscina de escuma.
  • Percorrido a cegas.
  • Túnel branco.

O circuíto tamén estará salpicado de zonas nas que será necesario un xogo de cooperación para participar, e é que este é outro dos puntos importantes desta carreira. A participación realizarase en equipos, formado como mínimo por 2 persoas e sen máximo. Os equipos poden conformalos os propios participantes no momento de realizar a inscrición individual, a través de www.servinova.com En caso de non ter equipo, ao realizar a inscrición indícase que non pertence a ningún equipo, e a organización encárgase de formar equipos de 3 ou 4 integrantes segundo dispoñibilidade.

As inscricións poderanse realizar na web www.servinova.com a través deste enlace, na sede de Afundacion na Coruña (Cantón Grande, 21-23) ou no teléfono 902 504 500, 1ª CARREIRA POLA INTEGRACIÓN.

  • 7 € primeiros 1.000 dorsais
  • 10 € para os dorsais 1.001 e seguintes
  • 3 € persoas con diversidade funcional
  • 0 € menores de 5 anos

As persoas con diversidade funcional e menores deberán acreditalo no momento da recollida de dorsais.

Unha vez que adquirises o teu dorsal, e dispoñas dun código de pago facilitado por Servinova, é importante para finalizar a inscrición, que cubras un formulario habilitado na web www.proyectoenki.com/finalizar-inscripcion, cos teus datos, nome do teu equipo…etc.

Aínda que a compra de dorsais poida agruparse, deberanse cubrir tantos formularios como inscritos, indicando o mesmo código de pago.

Os dorsais poderanse recoller no Frontón de Riazor o sábado 29 de 12.00 a 20.00 e o mesmo domingo ata as 10.30 h. A bolsa do corredor estará composta polo dorsal, agasallo dunha braga polar necesaria para a carreira, vale ración “Chocolat Party” e agasallos promocionais.

A carreira estará animada por outras actividades como un Photocall para retratarse e unha actividade de zumba como quecemento. Previamente, durante o sábado poderase gozar da Feira da Solidariedade e unha verbena no propio Frontón de Riazor.

Máis información en www.proyectoenki.com

Podes descargar nos seguintes enlaces ao final de páxina a información da carreira e o plano do circuíto.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión