Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2014

A Popular Torre de Hércules xa ten data: o sábado 29 de marzo

A terceira proba do Circuíto Coruña Corre, prevista para o sábado 1 de febreiro e aprazada polo temporal, disputarase o próximo 29 de marzo. Habilitarase un novo prazo de inscrición que finalizará o martes anterior, día 25, a que se dispute a proba.

A IV Carreira Popular Torre de Hércules II Trofeo José Antonio Varela Calviño xa ten nova data de realización, o sábado 29 de marzo. A competición, terceira do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, e que ía disputarse o pasado 1 de febreiro, tivo que aprazarse debido ao forte temporal que azoutou a costa da cidade herculina e que supoñía un risco para os corredores e o bo desenvolvemento da proba.

A carreira absoluta, prevista para as 18.30 na pasada edición, atrasarase unha hora (19.30 horas). Este cambio afectará a todas as carreiras, que terán os seguintes novos horarios: xuvenís e cadetes competirán ás 17.30, a categoría infantil correrá ás 17.55, os alevíns ás 18.15 horas e os benxamíns ás 18.30 horas. Por último, a categoría pitufos correrá ás 18.45 horas.

Para tomar esta decisión valoráronse as opinións dos corredores, outras carreiras abxacentes e decidiuse que ese emprazamento supoñía a mellor opción. Habilitarase agora un prazo para devolución da cota de inscrición para todos aqueles corredores que non poidan acudir á carreira nesta nova data. Ata o 7 marzo pódese solicitar a devolución da cota de inscrición no correo consulta@championchipnorte.com. O reembolso producirase na semana do 10 ao 16 de marzo na mesma tarxeta dende a que se realizou o pago.

Así mesmo, todos aqueles atletas que por diversos motivos non se puideron inscribir na Popular Torre de Hércules teñen agora unha nova oportunidade de facelo. Abrirase hoxe xoves 6 de febreiro un novo tramo de inscrición que finalizará o martes anterior á realización da carreira, o 25. A recollida de dorsais no Frontón da Torre levarase a cabo unicamente o sábado 29, día da carreira, e ata unha hora antes de que comece a competición. Ademais, lémbrase que os dorsais e chips entregados nas carreiras dos Rosales e Novo Mesoiro aos inscritos no Circuíto Coruña Corre son válidos xa para todas as probas, incluída esta.

Unicamente deberán recoller o dorsal os participantes só anotados para esta carreira.

Por motivos de xestión de Championchipnorte será necesario asignar un novo dorsal e chip aos inscritos illadamente só na Popular Torre de Hércules, polo que todos aqueles que xa o recolleran antes da súa suspensión, deben efectuar a devolución do chip. Poderán devolvelo o mesmo día da carreira no Frontón da Torre dende as 10.00 horas ata unha hora antes da carreira ou na conserxería do Servizo Municipal de Deportes do Palacio dos Deportes de Riazor na Rúa Manuel Murguía. Aqueles que non recollesen o dorsal amarelo (o titular para todas as carreiras do Circuíto Coruña Corre), tamén o terán á súa disposición no Frontón da Torre o día da proba.

A Popular Torre de Hércules, a pesar de variar a súa data, volverá colaborar coa ONG Entreculturas e a súa campaña “A cadeira vermella”. Todos os atletas que o desexen poderán recoller xunto co seu dorsal un adhesivo que ofrecerá a ONG e que será conmemorativa desta acción reivindicativa. Esta iniciativa nace como defensa da educación, especialmente en países en vías de desenvolvemento. Ademais, ao finalizar os atletas as súas respectivas probas contarán tanto de avituallamento líquido como sólido grazas á colaboración de Horno San Brandán, Gadis e Begano.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión