Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2014

A Popular Torre de Hércules disputarase en marzo

A carreira desta tarde suspéndese debido ás condicións meteorolóxicas adversas e disputarase nunha destas datas: 2 ou 30 de marzo (ambos o domingo).

A IV edición da Carreira Popular Torre de Hércules aprázase debido ao forte vento e as malas condicións meteorolóxicas na contorna da Torre. A pesar de que a alerta vermella só estaba no mar, os fortes refachos de vento na zona próxima ao monumento Patrimonio da Humanidade obrigaron á organización da proba a adoptar esta decisión.

A imposibilidade de colocar con garantías ningún tipo de estrutura como unha carpa para situar o cronometrador así como a intensidade e forza do vento motivaron que se tomase esta decisión. Non obstante, xa se barallan dúas novas datas, ambas en domingo: o 2 de marzo, primeira fin de semana do mes ou o 30, última. Coa maior brevidade comunicarase o día escollido. Terase en conta na elección a dispoñibilidade do club Coruña Comarca, un dos organizadores da carreira, e que conta cun calendario de competicións cheo de eventos deportivos.

Co fin de que esta suspensión cause os menores prexuízos aos corredores, adoptáronse diferentes solucións ante as dúbidas que se puidesen formular. Todos os atletas que se inscribiron unicamente nesta carreira, dentro do Circuíto Coruña Corre, poderán conservar tanto o chip como o dorsal de cara á realización da proba en marzo. Así mesmo, aqueles xa inscritos pero que non recollesen o seu dorsal, poderán facelo nunha nova convocatoria de cuxa data se informará proximamente.

Por outra banda, aqueles corredores que non poidan garantir a súa participación na proba de marzo ou que queiran recuperar o custo da súa inscrición, poderán facelo a través do seguinte correo electrónico: consulta@championchipnorte.com

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión