Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Precisamos axuda: Campaña ONG Families 4peace

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/10/2016 ata o 30/10/2016

Xa rematou

Horario:

16 a 21h de luns a venres / 10 a 14h os sábados

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

En colaboración coa Concellaría de Igualdade e diversidade , na Biblioteca de Durán Loriga recolleremos alimentos envasados sen porco e material escolar, salvo libros de texto, para as persoas refuxiadas nos campos da franxa fronteiriza de Albania, Macedonia e Bulgaria.

Unha parte do material recollido será enviado ás escolas de nenos e nenas sin fogar da cidade de Tete, en Mozambique, nenos e nenas orfos que son refuxiados no seu propio país.

Que precisamos?

  • Alimentos sen porco que non vaian en envasados en cristal: conservas de atún, sardiñas e vexetais, azucre, arroz...
  • Material escolar que non sexan libros de texto: caixas de cores, lapis, rotuladores, cadernos, gomas de borrar, afilas...

Todo o material que se recolla levarase a través da Fundación Seur aos campos de refuxiadas/os da área de Thesalonika (Oreokastro, Petros, Vasilika e Softex) ademais dos repartos cotiáns na praza da estación de tren e nos pisos de acollida en Thesalonika.

A recollida farase no horario habitual da biblioteca.

Quen é a ONG Families4Peace?

No ano 2015 un grupo de profesorado galego chegou á illa de Lesbos (Grecia) para apoiar a outras familias que chegaban en pequenos botes e en condicións dramáticas fuxindo da guerra ou exiliadas dos seus países: Irán, Iraq, Afganistán, Bangladesh, etc. Desde aquel momento, decidiron constituír Famalias para a PazFamilies4peace en inglés, familias axudando familias.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión