Conciertos y recitales
Personas adultas
25/11/2019
Ya ha finalizado
Entrada libre ata completar a capacidade
20.30h
1h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Regresa o ciclo "Poetas di(n)versos", as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo conducidas pola escritora e xestora cultural Yolanda Castaño. Vai xa pola súa 9ª edición
Nesta ocasión, temos unha cita coa poesía de Dan Coman e Manuel Darriba.
Nado en 1975 na localidade transilvana de Gersa, Dan Coman estase a converter nun dos principais representantes da poesía romanesa contemporánea.
O seu primeiro libro saiu publicado en 2003 baixo o título de O ano da toupa amarela (cunha segunda edición en 2004), e axiña resultou galardoado co Premio de debut da Unión de Escritores da Romanía e mais co Premio Nacional de Poesía Mihai Eminescu Ópera Prima. Tras este comezo fulgurante, viñeron outros exitosos poemarios coma Ghinga (2005), O dicionario Mara (2009), A parroquia (2012) ou O matrimonio (2015). A eles sumouse en 2017 O insectario Coman, último libro de poemas até a data, que vén de ser traducido ao castelán por Elena Borrás para a editorial La Bella Varsovia (2019). Existen tamén dúas antoloxías do seu traballo, con poemas reunidos baixo os títulos d great coman (2007) e ERG (2012). Así mesmo, Coman é autor da obra en prosa Irresistible (2010).
Poemas seus foron traducidos ao castelán, inglés, esloveno, húngaro, francés, serbio, sueco e alemán. Recibiu ademais numerosos premios, entre os que salientan o Premio Radio Romanía Cultural ou o Vilenica Crystal Prize de Slovenia. Dende o ano 2008 é un dos organizadores do Festival de Poesía e Música de Cámara "Poezia e la Bistriţa" [A poesía está en Bistriţa].
Manuel Darriba (Sarria, 1973) é narrador, poeta e guionista. Licenciado en Xornalismo e Filosofía; en medios impresos de ámbito galego e estatal exerceu durante anos unha actividade xornalística pola que recibiu un bo número de galardóns. Posteriormente fundou e dirixiu unha empresa editora de revistas técnicas, e dende o 2011 dedícase en exclusiva á escrita.
Debutou na poesía en 1997, e a Calor seguiulle en 2006 Vostede non sabe con quen está a falar, galardoado co Premio Espiral Maior. En 2010 Os indios deixaron os verdes prados faise co Premio González Garcés e, finalmente, Santa morte ve a luz hai só uns meses. Darriba é igualmente autor das novelas O bosque é grande e profundo -nomeada ao Premio de Novela Europea Casino de Santiago- Velada do billarista -galardoada co Lueiro Rey- e mais Accidental, as tres tamén vertidas ao castelán. Ademais, outros cinco títulos -dirixidos ao público adulto, xuvenil ou infantil- completan unha bibliografía en prosa que o pasado ano culminou co volume de relatos Elefante (2018). Para rematar, como guionista ten escrito para unha chea de programas e series da TVG como Serramoura, O Faro, Malo será!, Land Rober Tunai Show, Fontealba, Vidago Palace, A estiba, O sabor das margaridas, etc. Ademais, o máis recente dos tres filmes documentais que dirixiu -Pacios. As fotos da memoria- exhibiuse xa en festivais de Europa e América e pode verse íntegro na rede.
Quieres saber ...
¿En qué consiste Poetas di(n)versos?
El ciclo "Poetas di(n)versos" son citas mensuales con la mejor poesía de Galicia y del resto del mundo. Son actos de alrededor de una hora de duración, abiertos y totalmente gratuitos, en los que propios y extraños podrán disfrutar de versos leídos en idioma original y en traducción al gallego, en las voces de sus autores y autoras, para descubrir la fuerza y emoción de la palabra lírica.
Más información¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info
Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio.
En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.
Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.
Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible