Talleres
Infantil
8 a 10 anos
07/11/2019
Xa rematou
Dende o 31/10/2019 ata o 07/11/2019
Require inscrición
18.30 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña
Animación, arte e arquitectura para nenas e nenos
"Contos en construción" é un obradoiro para nenas e nenos de 8 a 10 anos baseado en contos clásicos e contemporáneos, nos que a través dunha maqueta estudaremos diferentes conceptos de arquitectura e sustentabilidade, desenvolvendo a imaxinación e a creatividade e aprendendo a valorar o traballo en equipo, a nosa contorna, o noso barrio e a nosa cidade.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible