Do 2 ao 7 de abril vanse celebrar os Días Europeos da Artesanía. Podes ver toda a programación das actividades en : www.diasdelaartesania.es.
Infancia, Para público en xeral
06/04/2024
Xa rematou
De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde, con inscripción previa
asociacion@galegadeartesans.org
Dentro desta celebración Asociación Galega de Artesáns organiza a actividade Oficios en Acción, que terá lugar no Centro Ágora , o sábado 6 de abril. Nos próximos días subiremos a información sobre os talleres que imos organizar, todos eles gratuítos para as persoas participantes. Garda a data na axenda e ponlle atención ás Redes!
Este ano adicado aos nenos e ás nenas, que son o futuro da Artesanía.
Compre lembrar que todos os talleres nos que participen menores de idade teñen a condición de estar acompañados polo menos por un dos seus titores legais. Non temos servicio de custodia.
Volve a festa da Artesanía! Volve Oficios en Acción!.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible