Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de abril de 2024

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da Amizade Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da Amizade

A tradicional comida celebrouse en Palexco

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade que celebra cada ano a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. Neira agradeceu o seu labor á presidenta da Asociación, Rosa Otero, e subliñou a vixencia dos valores desta entidade que vai cumprir 60 anos loitando polo recoñecemento do traballo das mulleres e a corresponsabilidade. 

Durante o acto premiouse ás asociadas e presidentas que cumpren 25 anos de vinculación coa asociación e entregouse o Premio á Participación Cidadá 2024 á Cociña Económica da Coruña, que foi recollido polo seu presidente, Jacinto Torres. En nome de Inés Rey, Neira tamén quixo ter un recoñecemento para esta entidade, coa que o Concello colabora activamente para mellorar os seus servizos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión