Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de outubro de 2016

O viveiro municipal de empresas do Papagaio acolle desde esta semana as xornadas Co&Co de difusión do coworking e a economía colaborativa

A iniciativa, que terá lugar entre outubro e novembro, busca favorecer a colaboración entre proxectos desenvolvidos nunha misma ubicación e impulsar as redes profesionais, segundo destaca o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema

O viveiro municipal de empresas Accede-Papagaio pon en marcha a partir do vindeiro xoves, día 20, as xornadas Co&Co de difusión Coworking e Economía Colaborativa, que se desenvolverán en tres sesións en tres xoves consecutivos. A finalidade, tal e como expón o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, é favorecer a colaboración entre empresas e profesionais que traballen nunha mesma ubicación, "compartindo, colaborando e creando redes profesionais e organizacionais que incentiven a competitividade e as potencialidades dos proxectos empresariais de nova xeración". Nelas participarán sete especialistas nas áreas de co-traballo, innovación e economía colaborativa, así como en novas formas de traballo. A entrada derá de balde ata completar aforamento e as inscricións faranse a través do correo concejalia.empresa@coruna.es.

Na primeira das sesións, que terá lugar o día 20, entre as 17.00 e as 19.00 horas, o sociólogo e experto en economía colaborativa Luis Tamayo abordará a eficiencia do traballo en rede e colaborativo. A continuación, a psicóloga Nuria Revuelto, especialista en recursos humanos, mediación e formación, impartirá a charla 'Habilidades de comunicación. Como afianzar o noso estilo'. A segunda xornada, o 27 de outubro, desenvolverase no mesmo horario e constará de dúas ponencias: 'A transformación dixital do terceiro sector', a cargo de Jaume Albaigés, enxeñeiro e consultor para organizacións non lucrativas no desenvolvemento integral de estratexias tecnolóxicas, e 'Futuro da economía colaborativa e creativa', que terá como relatora a Áurea Rivela Martínez, directora de Utopic_US, referente en proxectos que aúnan innovación colaboración, creatividade e emprendemento, e creadora de Zincshower, o maior evento de economía colaborativa do Estado español. A terceira sesión, o 3 de novembro, comezará coa ponencia 'Cooperativas: e ti coñeces a fórmula?', a cargo de Tino Gago, asesor de proxectos cooperativos en Ugacota e completarase cunha mesa de experiencias, que se prolongará entre as 18.00 e as 19.30 horas, con exemplos prácticos de cooperativas galegas. O Concello organiza esta acción formativa coa colaboración da Deputación da Coruña.


 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión