Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2024

O Goberno local levará ao próximo pleno o procedemento para reclamar a titularidade da Casa Cornide

Someterá a votación da corporación o procedemento de revisión de oficio logo da súa aprobación en Xunta de Goberno Local, iniciando os trámites para a recuperación do edificio histórico

O Goberno de Inés Rey continúa dando pasos para a recuperación da Casa Cornide. Logo da aprobación da revisión de oficio das resolucións tomadas polo Concello en 1962 a pasada semana en Xunta de Goberno Local, o Goberno local levará ao próximo Pleno Ordinario o asunto para a súa aprobación, iniciando os trámites para a recuperación do edificio histórico, en mans da familia Franco.

O Concello da Coruña encargara un informe xurídico para reclamar a devolución da Casa Cornide ao patrimonio municipal cuxas conclusións amosaban que a transacción rexistrada non foi legal e que non cumplía cos requisitos e leis vixentes. Agora o Goberno de Inés Rey inicia o procedemento en base ao informe xurídico co fin de anular os pasos administrativos dados en 1962 e que permitieron que a Casa Cornide acabara entón en mans do dictaro baixo unha apareciencia de legalidade. "Este é un asunto de cidade, a Casa Cornide é dos coruñeses e coruñesas e agardamos que todos os grupos respalden o procedemento que estamos a poñer en marcha", sinalou a alcaldesa.

O Concello xa instou ao Ministerio de Educación e ao Ministerio de Facenda a realizar unha revisión de oficio da permuta feita no seu día, a través da que o Goberno de Inés Rey busca anular dúas decisións: o alleamento da propiedade municipal aprobado o 3 de xullo de 1962 e a adxudicación en poxa da Casa Cornide aprobada o 2 de agosto dese mesmo ano. Unha vez aprobada polo Pleno, o Goberno municipal contará cun prazo de seis meses para resolver a revisión de oficio das dúas decisións tomadas polo Concello no ano 1962. Ademais, tamén se abre un prazo de 15 días para que as persoas interesadas presenten as alegacións que consideren.

Por outra banda, o Concello remitiulle á Xunta de Galicia a semana pasada unha solicitude escrita para reclamarlle que tome as medidas precisas para abrir o edificio ao público, en tanto que ostenta a condición de Ben de Interese Cultural (BIC) desde hai un ano.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión