Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de novembro de 2016

O centro Ágora acollerá o mércores 14 de decembro a Gala do Circuíto Coruña Corre, na que se entregarán os trofeos ás e aos atletas gañadores da pasada edición

Mañá, mércores 30, pecha o prazo de inscrición para participar este domingo, día 4, na V Carreira Popular Os Rosales

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, que dirixe José Manuel Sande, vén de anunciar que o próximo 14 de decembro terá lugar a gala de clausura do Circuíto Coruña Corre, unha cita que suporá o peche da tempada 2015-2016 coa entrega dos premios ás gañadoras e gañadores das distintas categorías desta serie de probas populares. O evento premiará ás e aos mellores atletas dun Circuíto que, na pasada edición, contou con 1.720 persoas inscritas e se achegou ata sete barrios distintos da cidade, entre os que se incluíu, por vez primeira na súa historia, Matogrande.

Durante a gala do día 14, que se celebrará a partir das 19.00 horas no centro Ágora, entregaranse os trofeos correspondentes as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos, especial e familiar, así como un obsequio a todas e todos os deportistas que finalizasen as sete probas do circuíto municipal. Ademais, todas aquelas persoas inscritas na serie de carreiras --1.200 na categoría absoluta e 700 nas de menores de idade--, recibirán unha camiseta conmemorativa do seu paso polo programa deportivo, que poderán recoller no propio espazo sociocultural antes ou despois da cerimonia, ou a partir do día 19 de decembro no Pazo dos Deportes de Riazor, en horario de 10..0 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas.

Durante a tempada 2015-2016, e co obxectivo de expandir e facilitar o acceso á práctica deportiva entre a veciñanza, Coruña Corre organizou sete probas na cidade. Así, desde o 29 de novembro de 2015, e até o 4 de setembro do presente ano, as e os deportistas populares percorreron os barrios dos Rosales, Novo Mesoiro, Matogrande, Adormideras, San Pedro de Visma, Oza e Ventorrillo, nunha edición marcada pola baixada do prezo da inscrición e as bonificacións a distintos colectivos, ademais da creación dun novo regulamento, froito do traballo conxunto do Servizo Municipal de Deportes, a Federación Galega de Atletismo e os distintos clubs da cidade.


V Carreira Popular Os Rosales

Por outra banda, mañá, mércores 30, é o derradeiro día para formalizar a inscrición na quinta edición da Carreira Popular dos Rosales. Todas as persoas que desexen participar, tanto as que xa estén apuntadas no circuíto, como as que non, deberán inscribirse a través da web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares, ata as 23.59 horas, ou de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte Inglés en avenida de Rubine, nº 3-5, de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Para as persoas que non formen parte do circuíto deportivo, a súa cota de inscrición será 2€ --agás para as e os menores de idade, que é gratuíta-- mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será 1€.

Os dorsais da proba poderán recollerse no propio polideportivo do barrio o sábado 3 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas, e de 17.00 a 20.30 horas, así como o domingo 4 ata unha hora antes do inicio de cada unha das carreiras.


 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión