Adaptación de Voadora da obra de Shakespeare.
Para público en xeral
11/03/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Esta obra brilla como pedra angular da súa peculiaridade, despregando en favor da comedia multitude de recursos que encaixan como unha luva no imaxinario de Voadora.
Destacan a súa honestidade coas múltiples referencias empregadas e, unha vez máis, a metateatralidade como reflexo de eterna loita entre o real e o máxico, tamén metáfora sobre o teatro, que obsesionou o autor ata os seus últimos días.
Para abordar a dramaturxia, partimos dunha análise da obra que nos leva a desentrañar os seus incontables misterios e, tal e como fixemos coa nosa anterior adaptación "A tempestade", a establecer unha rede referencial que nos obriga a achegar a maquinaria da compañía ao universo do autor.
Adaptar as palabras de Shakespeare implica comprendelas, sentilas e finalmente respectalas, xa que os seus temas son imperecedoiros e os seus argumentos unha escusa para chegar a emocións universais que permanecen frescas no contexto do presente. O enredo/a comedia: o efecto bolboreta.
Interésanos facer foco sobre o enredo, o ritmo e a estrutura compartimentada que o autor divide en función dun elenco estratificado socialmente. Nesta comedia todas as clases sociais son as protagonistas e destaca o efecto bolboreta nunha trama poliédrica na que os movementos da burguesía alcanzan a nobreza e os soños dos mortais son capaces de alterar o descanso dos deuses.
Con este fin, revisamos a estrutura da peza, adecuada ás circunstancias do seu tempo e pretendendo maximizar o quebracabezas, respectando integramente o seu espírito e o caos progresivo que se apodera do seu argumento.
Unha vez máis, Shakespeare escribiu para unha celebración e o texto denota as marcas necesarias para encaixar neste ambiente festivo. Nós respectamos ao cento por cento esta festa, pero será a nosa propia, en complicidade absoluta cuns espectadores que han de poñer o teléfono en modo avión para permitirse este soño.
Dirección: Marta Pazos
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 - web
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
12/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible