Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Son xogos, xogos sons, con Pablo Díaz e Olga Kirk

Con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas, montaremos unha pequena orquestra coas nenas e nenos que asistan aos talleres. Imos repartir entre as nenas e nenos instrumentos de percusión menor (pandeiretas, axóuxeres, claves etc.), que terán que acompañar as melodías de Pablo Díaz e Olga Kirk.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos de 3 a 6 anos

A quen vai dirixido:

Infancia, Familias

Cando:

06/06/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/05/2017 ata o 06/06/2017

Gratuita, a partir das 9.00 h do luns 22 de maio e limitada a 40 nenos, acompañados cunha persoa adulta

Horario:

18.00

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta con inscrición previa. Se tes dúbidas de como inscribirte, consulta esta ligazón.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010

Teléfono: 981 18 42 00 ext. 34311 /  34310

Correo electrónico: lingua@coruna.es

Aprenderemos algúns dos xogos das avoas, bailarémolos e acabaremos aprendendo bailes, coros e coreografías dalgúns dos temas máis populares de TIC TAC, TOC TOC e XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA.

Tamén che pode interesar...

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión