6ª Mostra de Cinema Periférico. Proxeccións e actividades da Mostra terán lugar en CGAI, Afundación e Fundación Luis Seoane.
Para público en xeral
Dende o 03/06/2015 ata o 07/06/2015
Xa rematou
As invitacións para as sesións en CGAI e Afundación recolleranse nas devanditas sedes. As sesións na Fundación Luis Seoane serán entrada libre ata completar capacidade.
O (S8) reunirá a algunhas das voces máis importantes do cinema de vangarda e performativo internacional. Tal é o caso de Ken Jacobs, a quen se dedicará unha ampla retrospectiva con máis de 20 obras, dúas performances e unha masterclass. Brasil será o protagonista desta sexta edición: Límite (1931) de Mario Peixoto, elcine de Glauber Rocha, pai do Cinema Novo, o movemento Dogma 2002 cos Super 8 de Marcos Bertoni e a mirada documental de Paula Gaitán (viúva de Rocha), así como as arriscadas propostas de Distruktur e o Duo Strngloscope. Completa a programación o cinema máis suxestivo feito en Galicia (Sinais), cun foco dedicado ao cineasta galego Xacio Baño e a estrea mundial da película Volontè. A guinda poñeraa un programa especial en torno ao festival croata 25 FPS. Como sempre teremos noites de filme performances, ademais de diversos talleres e instalacións.
Máis información: http://www.s8cinema.com
Actividades relacionadas
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Os días 23/05/2024, 24/05/2024, 25/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible