Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Quero ser astronauta!

Quen non soñou con viaxar ao espazo algunha vez?

A quen vai dirixido?:

9 a 13 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Para público en xeral

Cando:

18/06/2015

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 11/06/2015 ata o 18/06/2015

Require inscrición

Formulario de inscrición

Horario:

18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Mercedes Conchado

bforum@coruna.es

981184298

Neste taller enmarcado dentro do Programa Ler conta moito, as persoas asistentes aproximaranse ao mundo da astronáutica mediante experiencias físicas, dificultades e requisitos que debemos cumprir para converternos nun astronauta. Tras unha breve introdución sobre a historia da astronáutica, coñeceremos os procesos de selección aos que debemos someternos para converternos nun astronauta.

Unha vez superadas as duras probas físicas, iniciaremos un adestramento que nos permitirá, por exemplo, intentar controlar un brazo robótico, ou comprobar a dificultade de pilotar unha nave espacial para que o transbordador poida regresar ao planeta Terra.

Unha vez pasado o proceso formativo dun aspirante a astronauta, e superado o proceso de adestramento finalizaremos a actividade como comandantes da nave.

Por último, tras probar a comida dos astronautas, descubriremos a importancia de viaxar ao espazo para mellorar a nosa vida cotiá, e descubriremos qué usamos hoxe grazas ás investigacións levadas a cabo no espazo.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión