Número do sorteo - 217
Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes.
Para público en xeral
Dende o 09/01/2017 ata o 27/01/2017
Xa rematou
COTA DE INSCRICIÓN: 30 euros por taller (maiores de 65 anos: 21 euros)
INICIO DOS TALLERES: a partir do luns 30 de xaneiro, no día e hora que corresponda.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
O PROGRAMA DE LECER DE PRIMAVERA 2017 vén cargado de propostas innovadoras con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece. Busca, á súa vez, o incremento da demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade e promove convivencia e a sociabilidad das persoas participantes.
INSCRICIÓN DE CONTINUIDADE:
Os días 9, 10 e 11 de xaneiro na conserxería de cada un dos centros Ágora e Fórum, de 9.00 a 14.00 de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario aboar en efectivo o importe do taller correspondente, ademais de ter asistido a un mínimo do 50% das sesións do outono.
PREINSCRICIÓN:
Os días 12 e 13 de xaneiro, na conserxería de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, ou por vía telemática.
Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior ás 9.00 h do día 12 e que finalizará o día 13 ás 20.00 h non serán tramitadas.
Cada solicitante poderá anotar ata catro talleres na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice sorteo.
Na preinscrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitude un número para o sorteo.
SORTEO PÚBLICO:
Luns 16 de xaneiro, ás 10.00 h.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
As listas dos talleres adxudicados publicaranse o mércores 18 de xaneiro, a partir das 9.00 h, en cada un dos centros, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010.
A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas en cada taller. Outorgaráselle ao maior número de persoas, polo menos, un taller. Concederanse un máximo de dous por persoa.
INSCRICIÓN:
Os días 18 e 19 de xaneiro, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario aboar en efectivo o importe do taller correspondente.
As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo. As prazas non aboadas durante estes días adxudicaránselles ás persoas en lista de espera.
LISTAS DE ESPERA E PRAZAS VACANTES:
As persoas en listas de espera dun taller terán preferencia en ocupar as prazas non aboadas do devandito taller, que serán adxudicadas por orde do sorteo. Terán preferencia aquelas persoas que non obtiveron ningunha praza.
Os días 23 e 24 de xaneiro, contactaremos vía telefónica só con aquelas persoas que estean nas listas de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres que solicitaran. Realizaranse tres intentos de contacto a diferentes horas, de non conseguir comunicación pasarase á seguinte persoa da lista de espera. Terán que formalizar a inscrición, pagándoa, os días 25 e 26 de xaneiro.
A partir do 27 de xaneiro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e aboalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
08/05/2024
10/05/2024
24/05/2024
29/05/2024
31/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible