Xan Eguía presenta o seu libro "Alien, unha teoría sexual: xénero, monstros e ciencia ficción", publicado por Edicións Ablú. Actividade enmarcada dentro de "A Coruña en negro"
Persoas adultas, Xuvenil
06/11/2017
Xa rematou
De 18:30 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184 389
Da man do profesor e filósofo Xan Eguía, reflexionarase sobre as múltiples formas de exercer a violencia e a dominación sobre a muller a través do cinema ou o cómic.
Sinopse:
É certo, a película de Alien é aterradoramente sexual e, tras a lectura deste libro, non poderás rebater esta teoría. É máis, certos tipos de cinema, tradicionalmente masculinos, non son precisamente inocentes se nos centramos en cuestións de xénero. Afixéronnos a unha imaxe do feminino moi pouco sa. Este libro é a autocrítica que un acérrimo consumidor de ciencia ficción realiza sobre o devandito xénero e sobre el mesmo. Se es home poderás revisar as túas ideas sobre personaxes como Ripley, Sarah Connor, Lisbeth Salander ou Hulka, entre outras. E se es muller, afeccionada ou non a este cinema, é moi recomendable a lectura. Unha ferramenta útil para enfocar cuestións de xénero.
Tamén che pode interesar
16/05/2024
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible