Sobre as táboas do escenario do Auditorio do Ágora terá lugar un encontro poético coas voces de Nimrod e Rosa Enríquez. A lingua galega funciona así de anfitrioa das literatura do mundo, actuando como lingua de comunicación para todo o programa de POETAS DI(N)VERSOS
Para público en xeral
23/01/2017
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada libre até completar a capacidade
Nimrod que nado no sur do Chad en 1959, é poeta, novelista e ensaísta. Exerceu como profesor de francés e outras materias de letras no seu país e en Costa de Marfil, desempeñándose actualmente como profesor universitario de Filosofía en Francia. A día de hoxe, ten publicados máis de vinte libros. Rosa Enríquez natural da Rúa (Valdeorras) é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente exerce como profesora de francés en Padrón. Os versos de Rosa Enríquez soarán na voz dela, mentres que os orixinais franceses de Nimrod irán seguidos de traducións ao galego realizadas para a ocasión pola coordinadora do ciclo.
Tanto Nimrod (1959) como Rosa Enríquez (1969) traballan coa lingua francesa no seu día a día, pero o que verdadeiramente os une é o idioma da poesía. Ela é colaboradora en distintos medios escritos galegos, fora Premio Francisco Añón de poesía e ten publicados cinco poemarios e unha novela xuvenil de ciencia ficción e fantasía. Pola súa banda, o poeta, novelista e ensaísta Nimrod desempéñase hoxe como profesor universitario de Filosofía en Francia. Ten publicados máis de vinte libros, aparece en multitude de antoloxías de poesía africana e un gran número de premios internacionais adobían a súa respectada traxectoria.
Presentados pola coordinadora de POETAS DI(N)VERSOS -a tamén autora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño- os dous poetas poderán asinar exemplares dos seus libros ao remate do acto, xa que unha das librarías da cidade poñerá á venda os seus títulos publicados.
16/05/2024
27/05/2024
Acceso libre ata completar capacidade
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible