#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
29/04/2024
Xa rematou
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 29 de abril ás 19.00 h na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Alana" de Ana Guélez.
SINOPSE:
Un acontecemento ocorrido trece anos atrás por superar.
Unhas chamadas misteriosas que farán cambalear a miña vida.
Unha palabra que marcou a miña forma de pensar.
A miña paixón pola fotografía.
Un destino desexado.
Amizade, medos, superación...
E unha persoa que está obsesionada por levar a cabo o seu labor. Seá quen de logralo?
Acompáñasme para descubrilo?
BIOGRAFÍA DE ANA GUÉLEZ:
Son colleita de xaneiro de 1985. Crieime entre a mila vila, Arzúa, e a miña cidade, A Coruña (considereime sempre de ambos os sitios).
Actualmente resido en Navarra.
A escritura forma parte de min desde os doce anos, cando escribín o meu primeiro relato. Deixaba voar a miña imaxinación e enchía cadernos con historias que medraban comigo.
Son unha muller autodidacta. Sigo aprendendo e formándome, tanto en temas de escritura como en crecemento persoal e saúde mental.
Publiquei a miña primeira novela no ano 2016. Colaborei en varias antoloxías benéficas e teño varios libros publicados.
A esencia das miñas historias non só se centra na intriga, senón tamén en personaxes que se enfrontan ás súas emocións.
Acceso libre ata completar capacidade.
Tamén che pode interesar
16/05/2024
27/05/2024
Acceso libre ata completar capacidade
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible