Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as Bibliotecas Municipais queremos convidar a veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.
Público infantil de 3 a 8 anos, ambas as idades incluídas.
Infantil, Familias
18/05/2023
Xa rematou
Dende o 11/05/2023 ata o 18/05/2023
Require inscrición.
Das 18.00 ás 19.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
30
Teléfono: 981 189 886
Correo electrónico: bagora@coruna.gal
Da man da contadora de contos e actriz Raquel Queizás, as crianzas de 3 a 8 anos desfrutarán na sala infantil da Biblioteca Ágora de Romaría, un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos/ás máis pequenos/as, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os/as máis deles/delas.
Argumento:
Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou coas amizades para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todas as nenas e nenos buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.
Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo as crianzas atentas, abraiadas, coa boca aberta, escoitando cómplices.
Tamén che pode interesar
20/05/2024
Dende o 13/05/2024 ata o 20/05/2024
Require inscrición.
Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024
21/05/2024
21/05/2024
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
21/05/2024
Dende o 14/05/2024 ata o 21/05/2024
Require inscrición
22/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible