Despois de recibir o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta "O mundo está parado", o seu terceiro álbum en solitario.
Para público en xeral
07/03/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente como produtor musical. Os seus directos teñen esa sonoridade envolvente, un son que deambula entre a tradición e a vangarda e que acaba a súa madurez neste último traballo.
A primeira e limitada edición de O mundo está parado foi en formato vinilo.
Na súa estrea, Guadi Galego estivo arroupada pola súa ampla familia musical: Abe Rábade, Anxo Angueira, Anxo Pintos e Santi Cibreiro, entre outros.
Guadi Galego: voz e piano
Carlos Abal e Guillerme Fernández: guitarras
Paco Charlín: baixo
Isaac Palacín: batería
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19. 30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 - web
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible