A sétima edición do S8 arrincará o 30 de maio no Teatro Rosalía Castro cunha gala de inauguración en forma de cinema concerto que recupera algunhas das obras claves do cinema mudo.
Para público en xeral
30/05/2016
Xa rematou
20.30 h
Apertura de portas 20.00 h
69 min
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10'00, 15'00 €
Neste caso, trátase de El acorazado Potemkin do mestre Sergei M. Eisenstein. O festival proxectará a copia restaurada polo Filmmuseum Berlin-Deutsche Kinematek. Trátase da versión máis apegada á obra orixinal estreada en 1925, máis completa mesmo que aquela exhibida durante a década dos oitenta no MoMa ou o British Film Institute, incluíndo planos esquecidos tras a censura alemá dos anos 20 e recuperando os intertítulos e tamaño de encadre orixinais.
A proxección será sonorizada en directo polo pianista Chris Jarrett, autor dunha partitura orixinal inspirada na obra de Eisenstein. Tomando en conta o tema do filme, a rebelión rusa de 1905, Jarrett compón unha banda sonora completamente libre e parcialmente improvisada para resaltar a mensaxe anti-militarista formulada na película. A súa música, máis que un acompañamento, é un comentario persoal dirixido á defensa dos que foron (e son) politicamente maltratados e oprimidos. Chris Jarrett é irmán de Keith Jarrett, un dos músicos de jazz vivos máis influentes a día de hoxe. O seu estilo defínese pola mestura equilibrada do riff jazzístico e unha marcada predilección pola música clásica. Compositor de vocación, Chris Jarrett foi discípulo do recoñecido pianista austríaco Vincenz Ruzicka e estudante da mítica pedagoga e compositora ucraína Rosina Lhevinne. Na actualidade alterna as súas actuacións como solista coas súas xiras acompañando a violinista Luca Ciarla e o cuarteto Four Free.
VENDA DE ENTRADAS:
Despacho da praza de Ourense, aberto de luns a venres, excepto festivos. De 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h Temporalmente situada no Teatro Rosalía Castro no mesmo horario.
Teatro Rosalía Castro, aberto só días de función. De 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 h
Venda telefónica: 902 044 226 de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h, domingos de 16.00 a 21.00 h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible