De Diego Ameixeiras
Para público en xeral
Dende o 27/01/2017 ata o 28/01/2017
Xa rematou
20.30 horas
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Saben de onde veñen pero non a onde van.
Son 5 e van nun vagón de metro. Son 5 e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de a onde vai. Son xente normal e están en Londres.
O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). O achegamento a esta realidade permitiunos ir construíndo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo xeito a realidade fraccionada da Galicia contemporánea.
Con Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro.
Dirección: Jorge Coira
Eme2 Produccións
Venda de entradas:
Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Venda telefónica: 902 044 226
04/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible