Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: "El Florido Pensil (Niñas)"

De Andrés Sopeña, adaptación teatral Kike Díaz de Rada baixo a dirección de Fernando Bernués e Mireia Gabilondo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/12/2016 ata o 17/12/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20)

*Venda de entradas soltas a partir do 12 de setembro.

Televenda:

Ticketea

Regresa El Florido Pensil! Pero...NIÑAS

Si, outra vez El Florido Pensil porque volvemos á mesma escola; aquela cuxas aulas estaban presididas pola Santísima Trindade do Crucifixo, a foto do Caudillo e a de José Antonio. Pero, esta vez imos entrar pola porta que tiña gravado no dintel un cartel que rezaba "NIÑAS".

Eran dous mundos paralelos tan próximos como distantes, dous universos encerrados no mesmo edificio con dous propósitos (des)educativos moi diferentes...

É a historia do día a día de cinco raparigas sometidas á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. A escola é o reflexo da sociedade e da súa ideoloxía dominante. E esa ideoloxía decidira poñer ao día o máis profundo patriarcado medieval, e levalo ás súas últimas consecuencias. A muller foi o principal obxecto da empresa moralizadora, pois resulta que a muller estaba naturalmente destinada para o matrimonio e para os labores domésticos. A súa carreira profesional viña ser formar unha familia e ter prole. E niso poñíanse de acordo practicamente todas e todos: a mestra, o cura, os pais, os moralistas, as cupletistas, as escritoras de novelas rosa, e ata as profesoras de ximnasia... En todos os escenarios da acción se verá reflectida, ás veces ás claras e ás veces mediante retortos rodeos, que só existían dous tipos de mulleres: as decentes e as outras...

Con Loli Astoreka, Gurutze Beitia, Teresa Calo, Elena Irureta, Itziar Lazkano.

Dirección escénica: Fernando Bernués e Mireia Gabilondo.

Compañía: Tanttaka Teatroa

Venda de entradas

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226 e Internet

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión