Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Boyanka Kostova no AgoraSón do outono 2023

Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2023, con Boyanka Kostova en concerto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o venres 6 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (14 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

90 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Cibrán García e Chicho do Funk -Ortiga-, que conforman o dúo Boyanka Kostova, pioneiro do trap e o hip hop en galego.

O Servizo de Normalización Lingüística, o sábado 14 de outubro ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Boyanka Kostova toma o nome dunha atleta búlgara que practica halterofilia, un bo exemplo de que a variedade de influencias do dúo santiagués non ten límites. Meten na cocteleira a retranca galega, o folclore rexional e os ritmos tradicionais; engádenlles sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, efectos, caixa de ritmos... e o resultado é puro flow rural. Trap de aldea, pero universal. Unha verbena exótica na que os temas se alzan como himnos. Capaces de reinventalo todo, a súa música nace como resposta á súa necesidade de explorar e non repetirse; combinando ideas que se retroalimentan entre si, divírtense xogando cos sons e as rimas e escapan de todos os tópicos. Entre os seus traballos máis coñecidos están o EP Vella Canción Galega e os álbums Nova Canción Galega e Os dous de sempre, entre os que aparecen algúns dos seus temas de máis sona, como "Colacao", "Diego Tristán" ou "Muinheira de interior". Este ano sacaron o seu quinto álbum.

O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 14 de outubro ás 21.00 horas.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais. 

Repartimento de invitacións

Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o venres 6 de outubro nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

Tamén che pode interesar...

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Ciclo Principal: El traje

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

  • XXXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

    Cando:

    26/05/2024

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • 1888. Señorita Xulia

    Cando:

    08/06/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión