Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A Alfombra Máxica

“A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

A quen vai dirixido?:

Bebés e pequenas e pequenos de 0 a 3 anos

A quen vai dirixido:

Infancia, Familias

Cando:

23/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/05/2017 ata o 23/05/2017

Gratuíta, a partir das 9.00 h do luns 8 de maio ata que se cubran as prazas, e limitada a 20 bebés + acompañantes. A inscrición farase a nome do/a neno/a. Non fai falta inscribir as persoas adultas.

Horario:

17.30

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta con inscrición previa. Se tes dúbidas de como inscribirte, consulta esta ligazón.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010

Teléfono: 981 189 888

Un espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo. Un prelibro  que nos incita a deixarnos levar polos sentidos. A obra propón un espazo para ir á descoberta da contorna onde podemos tocar texturas diversas, crear  sons, percibir diferentes cheiros, explorar espazos que evocan un bosque con árbores que aparecen e desaparecen.

A actriz inicia unha viaxe á que despois convida ás nenas e nenos a participar e aos acompañantes a observar sen interferir.

Duración: 45 minutos

Tamén che pode interesar...

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión