1 de setembro de 2015
Curso 2015-2016
A Xunta de Galicia convoca axudas para a adquisición de material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. As axudas son para educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial
Requisitos
1. Para ser persoa beneficiaria desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
As solicitudes poderanse presentar a partir de mañá, día 2 de setembro.
Máis información aquí
16 de maio de 2024
7 de maio de 2024
6 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible