27 de xullo de 2015
A IV Carreira Popular Volta a Oza celebrarase o domingo 9 de agosto e porá o broche de ouro á tempada deportiva
A derradeira carreira do Circuíto Coruña Corre da tempada ten data e,agora, tamén prazo de inscrición: desde hoxe e até o 5 de agosto, poderás inscribirte na IV Volta a Oza.
Esta carreira popular, que celebrará nos vindeiros días a súa cuarta edición, é a sexta proba do III Circuíto Municipal Coruña Corre. A serie de carreiras populares comezou o pasado 19 de outubro e, despois de percorrer os barrios de Os Rosales, Novo Mesoiro, Durmideiras, San Pedro de Visma, e Ventorrillo, chegará o 9 de agosto a Oza.
As persoas inscritas ao Circuíto xa están anotadas nesta Volta, pero as que non pertenzan a esta serie pero queiran facelo, poderán inscribirse desde hoxe até as 23.30 horas do mércores, 5 de agosto a través da páxina web www.championchipnorte.com . O prezo da inscrición é de 3 euros (ou 5 se precisan alugar o chip).
A entrega de dorsais será o sábado, 8 de agosto, no Complexo Deportivo Municipal de San Diego: de 11:00 a13:30 h. e de 17:00 a 20:30 h. O Domingo tamén poderá recollerse até unha hora antes de cada unha das carreiras.
O servizo de duchas e gardarroupa estará no Complexo Deportivo Municipal de San Diego.A hora de saída da carreira absoluta será ás 10.00 horas. O grupo percorrerá máis de 6 quilómetros desde a súa saída e chegada ao Parque de San Diego.
Unha vez finalizadas as carreiras, realizarase a entrega de premios ás 12.15 horas. Os horarios de saídas das diferentes categorías serán os seguintes:
Categoría | Hora | Distancia |
Absoluta | 10:00 h. | 6.225 m. aprox. |
Xuvenil | 11:15 h. | 2.430 m. aprox. |
Cadete | 11:15 h. | 2.430 m. aprox. |
Infantil | 11:30 h. | 1.620 m. aprox. |
Alevín | 11:45 h. | 810 m. aprox. |
Benxamín | 11:55 h. | 810 m. aprox. |
Pitufos | 12:00 h. | 150 m. aprox. |
15 de maio de 2024
12 de maio de 2024
8 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible